Comarcas

ArboNadal pecha a súa primeira edición con 800 kilos de comida recollidos

A primeira edición do Mercado Solidario ArboNadal pechou as súas portas cunha grande afluencia de público que superou todas as expectativas e triplicou a de outros mercados realizados. En total conseguíronse máis de 800 kilos de comida, ademáis de xoguetes para a campaña de recollida posta en marcha polo mercado.

O sol e as boas temperaturas destes días animou aos veciños a visitar os postos situados na Praza do Consistorio e nas rúas da contorna cunha ampla variedade de artigos nos que se podía atopar dende bisutería, roupa e bolsos, ata cerámica, pasando por repostería, produtos ecolóxicos e da horta, antigüidades, artesanía ou xoguetes. Na feira tamén estaban presentes ONGs e diversos comerciantes e asociacións de Arbo.

Tratouse dunha actividade “moi beneficiosa para a vila”, como aseguraron dende o concello.

También te puede interesar