Comarcas Destacados

As Rías Baixas esperan unha ocupación do 40% durante esta ponte

chorro-termal

Os datos de ocupación hoteleira recollidos polo servizo de turismo da Deputación de Pontevedra volven a arroxar datos positivos para o sector nas Rías Baixas. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, manifestou que “se ó remate da temporada estival facíamos balance do mellor verán turístico das Rías Baixas, con datos de ocupación próximos ó 80%, os mellores desde que hai rexistros, os datos deste outono seguen a ser moi positivos”.

En concreto, Silva referiuse a que o pasado mes de novembro mantivo unha ocupación hoteleira do 43%, case 20 puntos por riba que novembro de 2015, superando o 82% en concellos do Condado e da Paradanta ou o 50% en Deza e Tabeirós-Terra de Montes. En Caldas superouse o 46%, en O Salnés chegouse ao 39%, Pontevedra que acadou o 37,5%, Vigo que superou o 32%, O Baixo Miño sumou máis do 31% e O Morrazo ascendeu ao 20%.

 

E para esta ponte de decembro a ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra será próxima ó 40%, 19 puntos máis que o mesmo período do ano 2015, e o turismo rural superará en 10 puntos os resultados de decembro de 2015.

En canto ó perfil do turista que visitou as Rías Baixas durante o pasado mes de novembro, a maioría era turista nacional (84,21%), principalmente de Madrid, Barcelona e Asturias, que se aloxaron en hoteis (54%) de Sanxenxo, Cambados, O Grove e Vigo, durante 4-6 días. Chegaron ata a provincia de Pontevedra empregando as estradas e o avión e o principal motivo polo que nos visitaron é a cultura (45%), seguido de ocio en xeral (38%).

También te puede interesar