Vigo al minuto

@En_Marea pide solucións urxentes para paliar os altos niveis de ruido na entrada da AP-9 en Vigo

263275_npadvhover

En Marea esixe solucións urxentes para os problemas de ruído que soportan os vigueses no tramo de entrada da AP-9 en Vigo. A través dunha pregunta parlamentar ao Ministerio de Fomento, a portavoz de no Congreso, Alexandra Fernández, alude ao Plan de Actuación contra o Ruido do Ministerio, no que se indica que unhas 2.000 persoas en Vigo están sometidas a un volumen de impacto acústico superior ao Obxecto de Calidade Acústica fixado en menos de 65 decibelios durante o día e 55 durante a noite.

Fernández chama a atención sobre un dos barrios vigueses que sofren este problema con maior intensidade, Teis, onde se calcula que unhas 600 vivendas con 1.600 persoas vense afectadas por esta situación.

A agrupación urxe a Fomento a demandar medidas á concesionaria dado que o tramo de entrada a Vigo, de case 4 quilómetros, é un dos que ten un maior impacto acústico. Nas informacións publicadas, este punto é sinalado por Fomento como “punto prioritario”. Apúntanse a solucións como a instalación de barreiras ou paneis anti ruido, algo longamente demandado polos veciños e veciñas, e outras solucións técnicas.

También te puede interesar