Cultura Vigo al minuto

Un paseo pola ollada salgada do mar en Bouzas

paseo-literario-bouzasA Concellería de Normalización Lingüística organiza este sábado 26 de novembro un paseo literario por Bouzas no que os participantes poderán gozar das olladas salgadas desta zona da cidade.

Nesta andaina, de dúas horas de duración, os interesados poderán rastrexar a ligazón de Bouzas co mar, unha vila que naceu a carón do mar para vivir do mar. Visitaranse as casas das familias mariñeiras e das familias armadoras ou propietarias dos estaleiros.

Tamén pasarase polas fábricas que naceron para explotar o mar ou os vestixios que permanecen e polos estaleiros. E falarase do sal, que durante moitos séculos permitiu conservar o peixe e deixou pegada en forma de topónimo.

A andaina sairá ás 11.00 horas do adro da igrexa de Bouzas. A organización recomenda levar zapato cómodo. Os interesados poderán inscribirse enviando un correo electrónico con nome completo e teléfono a [email protected].

También te puede interesar