Emerxencias alerta dun temporal de Nivel Laranxa, dende esta madrugada, nas costas de A Coruña e Pontevedra

temporal2A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Vicepresidencia do Goberno de Galicia, ven de alertar dun temporal costeiro de Nivel Laranxa que afectará ao litoral de as provincias de A Coruña e Pontevedra, dende esta noite.  

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir da madrugada do día 21, mar combinada do oeste ao noroeste de entre 5 e 6 metros, e ocasionalmente oeste forza 8, que afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 –www.112galicia.org-, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

También te puede interesar