Comarcas

O Concello de Salceda fará accesíbel a Igrexa de Santa María e o cemiterio coa construción dunha rampla

ter_1949-copiaEsta semana estanse a levar a cabo as obras para a construción dunha rampla de acceso ao adro da Igrexa de Santa María así como ao cemiterio parroquial dende a estrada EP-2501, en Salceda de Caselas.

A zona, de enorme valor patrimonial, carecía ata o de agora dun acceso axeitado para as persoas con mobilidade reducida, polo que se facía precisa unha obra deste tipo. Unha vez estudadas varias opcións, estableceuse como a máis viable, práctica e funcional a construción dunha rampla dende a zona de aparcamento dos vehículos ata salvar a diferenza de nivel co adro  da Igrexa, confluíndo así na entrada do recinto os chanzos existentes e a propia rampla.

O proxecto, con un orzamento de 5.594,01 €, está financiado pola Deputación de Pontevedra, a través da liña de axudas para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia. O Concello de Salceda consegue con esta obra dous obxectivos fundamentais: por unha banda segue así a «avanzar na liña de conseguir un municipio totalmente accesible para as persoas con mobilidade reducida, e pola outra prosegue na posta en valor e coidado do riquísimo patrimonio histórico-cultural existente en Salceda».

A Igrexa de Santa María ten a súa orixe coa Raíña Aragonta, esposa do Rei de Galicia Ordoño II, que fundou aquí o Mosteiro de «Sta.María de Saliceta» no ano 914.

O alcalde, Marcos Besada, subliña que “seguimos a traballar en achegar e poñer en valor o noso riquísimo patrimonio cultural e histórico. A Igrexa e Cemiterio de Santa María é referente como corazón e lugar de encontro da Salceda de onte e de hoxe”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.