Destacados Vigo al minuto

A @depo_es continúa coa contratación das obras de sinalización da estrada entre o Meixoeiro e a Universidade de Vigo

rotonda-bola

O deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, presidiu esta semana a mesa de contratación na que a Deputación de Pontevedra continuou o proceso de contratación das obras relativas á sinalización da estrada E.P. 2005, que une o Meixoeiro coa Universidade de Vigo, entre Mos e Vigo, coa apertura das plicas dos sobres nos que se contiñan os criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas despois de que a semana pasada se abrisen as correspondentes a criterios non avaliables por este procedemento. A este concurso público presentáronse 14 empresas.

A execución da obra de mellora da sinalización na estrada provincial entre o Meixoeiro e o campus universitario vigués ten un presuposto de licitación de preto de 100.000 euros. Dentro desta obra vanse acometer entre outras accións o pintado sobre os pavimentos, o subministro e colocación de sinais, placas, barreiras de seguridade, lamas de aluminio ou a xestión de residuos de construción e demolición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.