Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

‘Desmontando as violencias simbólicas dos canons de beleza’ , acto da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, en Vigo

galiza-novaEste venres, 18 de novembro, ás 8 da tarde,a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e o BNG de Vigo organiza no Bar Batallón-rúa Martín Códax, 17- un acto feminista titulado ‘Desmontando as violencias simbólicas dos canons de beleza’.

No mesmo falarase de como a imposición dun modelo de muller ideal xera situacións de machismo invisibilizado, e abordarase cal debe ser a nosa posición e a alternativa que as mulleres teñen que defender.

Nel intervirán Jessica Garcia, Responsábel Comarcal de Galiza Nova, e Noa Presas, deputada do BNG no Parlamento Galego.

O acto enmárcase nunha serie de eventos que está realizando Galiza Nova en todo o país con motivo do 25 de novembro, ‘Día contra a Violencia Machista’.

También te puede interesar