Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O futuro da xestión de pacientes e da documentación clínica, a debate no Álvaro Cunqueiro

xornadas-cunqueiro

O servizo de Admisión e Documentación Clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo organiza, durante os próximos días 17 e 18 de novembro, ás XXV xornadas da súa Sociedade, SOGADOC, nas que participan máis de 60 profesionais de todos os servizos dos hospitais galegos.

Trátase «de realizar un intercambio de ideas e reflexións sobre procesos claves na organización sanitaria, xa que sobre eles recae a coordinación de todas as actividades que se producen en torno a asistencia, desde a xestión das citas, xestión de lista de espera, apoio administrativo aos servizos clínicos, xestión de ingresos e programación cirúrxica. Por iso, queremos seguir na búsqueda de fórmulas que contribúan a reforzar o noso papel de facilitadores e mediadores entre os pacientes e o sistema sanitario”-.

As xornadas están estruturadas en varias mesas redondas sobre o traslado de hospital, a reorientación dos servizos de Admisión ás novas esixencias e na dixitalización da documentación clínica no Sergas. Tamén haberá un obradoiro práctico con supostos baseados en casos reais de pacientes que requiren dos servizos de admisión.

Un servizo con 249 profesionais

O servizo de Admisión do Chuvi é un servizo multidisciplinar, cun cadro de persoal formado por 249 profesionais entre médicos, enfermaría e auxiliares administrativos, emprazados nos distintos centros sanitarios da EOXI de Vigo. O seu obxectivo é ordenar e coordinar as actividades que se producen ao redor da asistencia, co fin de facilitar o acceso da poboación aos recursos dispoñibles baixo os principios básicos de equidade e eficiencia.

Este servizo xestiona anualmente mais de 40.000 ingresos, 34.00 intervencións cirúrxicas, 725.00 consultas e e 175.000 urxencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.