RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela pon a punto varios camiños en Reboreda e Quintela

_dsc1287

O Concello de Redondela está a realizar varios traballos de mellora en camiños das parroquias de Reboreda e Quintela dentro da campaña de mellora dos camiños que se atopan máis deteriorados nas parroquias redondelanas, «un gran esforzo en obras de saneamento para non deixar de lado o estado dos nosos camiños», como asegurou a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela.

Por un lado, estanse a realizar traballos de mellora no camiño Sobreiro do Carboeiro, na parroquia de Reboreda, que se atopaba deteriorado e está sendo asfaltado tras limpialo e desbrozar as marxes do mesmo. O orzamento da obra ascende a 10.300 euros e a previsión é que estea rematado ao longo desta semana.

Por outra banda, estase a asfaltar un camiño de acceso a varias vivedas na parroquia de Quintela que tiña o firme de cemento moi deteriorado polo paso do tempo e con risco de derrube dun dos laterais polas filtracións de auga entre as grietas do cemento. Os operarios de Vias e Obras realizaron traballos de asfaltado deixando o acceso en condicións óptimas para as vivendas que fan uso del como única maneira de chegar as súas casas.

También te puede interesar