RGPD - Cookies
Vigo al día

O BNG tacha de «indecentes» as multas de aparcamento no hospital Álvaro Cunqueiro

alvaro-cunqueiro

O grupo municipal do BNG asegurou que é «manifesta inxustiza» que se comece a sancionar agora aos usuarios que estacionan nos viais de acceso ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Desde a fronte nacionalista cualifican de «indecente» que se sancione mentres non se dispón dun aparcadoiro gratuíto, xa que os veciños acuden a él «por necesidade» e «non todo o mundo se pode permitir os custes dese parking de luxo».

O responsábel local do BNG, Serafín Otero, quixo denunciar que o Goberno municipal anunciou o 17 de setembro do ano pasado que o Concello habilitaría 500 prazas de aparcamento gratuíto, obras que máis dun ano despois inda non se iniciaron. Para Otero, que o goberno municipal licite 14 meses despois do anuncio as obras e que estas vaian demorarse como mínimo outros seis meses «pon en evidencia a incapacidade e falla de xestión».

Desde o BNG urxen ao Concello á axilizar ao máximo a execución do aparcamento licitado. “Sería inaceptable chegarmos de novo ao outono do ano próximo nesta situación”, advirten. No entanto, o Bloque considera que esta medida non resolve o problema de fondo, e reitera a necesidade de rescatar a actual concesión para asegurar que a área sanitaria de Vigo dispoña dun hospital cento por cento público, que inclúa un aparcadoiro de balde.

También te puede interesar