Deportes

Máis de 80 participantes nas ‘Deporte Escolas’ de taekwondo da @depo_es

deputacion-taekwondo

A deputada de Deportes, Chelo Besada, deu por inauguradas, no CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo, as ‘DEPOrte Escolas’ de taekwondo da Deputación de Pontevedra nas que van participar máis de 80 nenas e nenos de tres concellos (Covelo, Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade) con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.

Outras das ‘DEPOrte Escolas’ de taekwondo solicitadas están á espera de chegar ao mínimo de alumnado requirido para ir incorporándose paulativamente ao cadro de escolas en activo.

Este ano, como novidade principal ademais do cambio de imaxe e denominación das escolas deportivas para convertelas nas ‘DEPOrte Escolas’, mudou o seu funcionamento co obxectivo de dotalas dunha maior participación, respectando á vez a autonomía municipal ao non competir coas escolas deportivas xa postas en marcha nos concellos da provincia.

Este renovado programa busca a implantación igualitaria e equilibrada no territorio, a promoción do deporte base, un maior incremento da oferta de iniciación á práctica deportiva, a garantía de que cheguen aos concellos disciplinas deportivas sen oferta neles, que as nenas e nenos poidan acceder ao deporte e, finalmente, a consolidación de todas as escolas que se vaian creando nos distintos concellos.

As ‘DEPOrte Escolas’ da Deputación ofertan as modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto. A súa implantación terá lugar de forma progresiva, a medida que a institución provincial teña a todas as nenas e nenos inscritos nas diferentes modalidades, de modo que se as solicitudes de ‘DEPOrte Escolas’ de marcha de Ponteareas e Vigo chegasen ás 15 persoas inscritas se incorporarían á quenda. Ata o de agora, ademais das “DEPOrte Escolas” de taekwondo xa comezaron as de patinaxe, judo, rugby, fútbol e marcha.

También te puede interesar