Comarcas

Recibidas 9 ofertas para a execución das obras da senda peonil e ciclista do Paseo Marítimo de Baiona

bicicletaA Xunta vén de recibir un total de 9 ofertas para execución das obras da senda peonil e ciclista na estrada PO-552,  na zona do Paseo Marítimo de Baiona. Estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 3 meses,  contarán cun orzamento de máis de 182.000 € que serán achegados polo Goberno galego.

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras.

A fronte marítima da travesía de Baiona conta cun paseo con zonas diferenciadas para o tránsito de peóns e bicicletas, salvo no tramo final, desde o PK 16+400 (acceso porto deportivo) ao 16+650 (glorieta no acceso ao Parador), no que non existe unha plataforma para os diferentes usos.

Este proxecto ten por obxecto a remodelación da plataforma existente neste tramo para executar un carril para bicicletas, que permita segregar o tránsito peonil do ciclista.

Para a súa execución, aproveitarase parte da beiravía e demolerase unha parte do paseo, o que permitirá acadar unha sección tipo: con senda ciclista de 1,8 metros e senda peonil de 4 m e con dúas pequenas franxas verdes, para separar a calzada do carril destinado á circulación de bicicletas e este da senda peonil. O carril terá pavimento de pedra, atendendo ao estipulado no Plan especial de protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona.

También te puede interesar