Comarcas

Redondela arranca o seu sexto plan de emprego

redondela-plan-emprego

O concello de Redondela vén de poñer en marcha o seu sexto Plan de Emprego, que durará ata o 31 de agosto de 2017 e que permitirá que 60 persoas participen en actividades de información, orientación e asesoramento para a busca de emprego.

Ademais, a través deste plan se fará captación de ofertas de emprego e envío de candidaturas, envío de autocandidaturas, promoción e divulgación do programa entre as empresas do territorio de influencia e outro tipo de accións formativas de carácter transversal, como fomentar as habilidades sociais, a alfabetización informática, a búsqueda de emprego e de autoemprego, a manipulación de alimentos, a prevención de riscos laborais…

Por outro lado levaranse a cabo actividades para adquirir competencias profesionais demandadas na contorna ou achegar valor engadido aos usuarios para enfrontarse ao mercado laboral, recibirán asesoramento para o autoemprego e formación na empresa con convenios de prácticas non laborais para a formación de traballadores con posibilidade de inserción posterior.

O Plan de Emprego conta cun compromiso de inserción do 45% de un mínimo de tres meses de duración.

Nesta edición, entre os participantes hai 33 mulleres e 27 homes, case a metade deles menores de 30 anos desempregados ou con baixa cualificación.

También te puede interesar