Galicia

O hospital Álvaro Cunqueiro contará cun sistema de localización de pacientes mediante unha app móbil

alvaro-cunqueiro

A Xunta adiantou este xoves que Sergas implantará tanto no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo como no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil, que estará dispoñible para dispositivos que empreguen Android ou iOS de Apple.

Con esta aplicación, segundo explicou a administración autonómica, organizarase a ruta do usuario sanitario ata o centro unha vez que pide unha cita médica; guiará ao usuario ata a sala de espera correspondente e asignaralle a quenda de consulta, de modo que aforra o paso polo mostrador no hospital; proporcionarase información sobre servizos como cafetería ou quioscos dentro e fóra do hospital; e permitirá compartir ubicación cos contactos do móbil que tamén usan a aplicación a posición dentro do hospital.

Para darlle soporte o programa incorpora varias innovacións tecnolóxicas, como un sistema de localización de alta precisión e tamén un sistema de cartografía de edificios cos mapas internos dos hospitais, ao que se poden incorporar todos os edificios do Sergas. O programa comezará polos centros hospitalarios de Vigo e Lugo para posteriormente ir incorporándose ao hospital de Verín, ao edificio administrativo de San Lázaro e a 20 centros de saúde.

Para o desenvolvemento desta aplicación e de todos os sistemas necesarios para o seu funcionamento investíronse uns 315.000 euros. Nesta liña, calcúlase que en cada hospital extra no que se poña en marcha haberá que investir entre 10.000 e 25.000 euros en función do tamaño dos centros e, no que atinxe aos centros de saúde, estímase un custo base de 200 euros tamén ampliable segundo o tamaño.

Actualmente esta aplicación estana probando grupos de usuarios para validar o seu correcto funcionamento e está previsto que a finais de novembro se faga accesible a toda a cidadanía para empregar xa nos centros Lucus Augusti e no Álvaro Cunqueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.