Cultura Destacados

Xa podes coñecer Galicia a través dos seus mapas

mapas01

O 8 de setembro de 1916, hai un século, regresaba a Vigo para completar os traballos cartográficos o vapor Urania da Comisión Hidrográfica. Tiñan encomendado rematar o máis preciso levantamento cartográfico da ría: un labor minucioso e detallado, resultado de miles de sondaxes, cálculos xeodésicos e xeométricos, tanto no mar como en terra. Desa encomenda quédannos as cartas náuticas do conxunto da ría, e dos portos de Baiona e Vigo.

Parte deses mapas poden verse ata o vindeiro 27 de novembro na Casa Galega da Cultura na exposición ‘Mapas e cartas de Vigo e de Galicia. Séculos XVII ao XX’, organizada pola Fundación Penzol coa colaboración da Concellería de Cultura de Vigo.

mapas02

A Fundación Penzol, co propósito de achegar os seus fondos á sociedade organiza esta mostra de cartografía na que se expoñen 33 obras de mapas e cartas de Galicia e de Vigo, representativas do seu fondo cartográfico histórico, que comprende ao redor dunhas 80 pezas.

Comisariada polo cartógrafo e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Méndez, na exposición amosaranse mapas antigos como o de Hernando de Ojea, primeira representación que se fai de Galicia de maneira independente, así como tamén dos destacados cartógrafos Tomás López, Vicente Tofiño, Domingo Fontán… Tamén contará con mapas seguindo o modelo cartográfico de “Le Neptuno François” e levantamentos cartográficos das costas galegas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.