Nacional

Alexandra Fernández denuncia o destape da «gran coalición» PP-PSOE e anuncia que En Marea dirá «non» a Rajoy

Alexandra Fernández co xefe do Estado, este luns naZarzuela

A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, acudiu este luns pola tarde á consulta co Xefe de estado na Zarzuela e após do encontro realizou a avaliación de En Marea nas dependencias do Congreso.

Afirmou nas súas declaracións que «levamos tempo dicindo que só había dúas vías: a da grande coalición e unha vía alternativa de esquerdas. Máis o vodevil e a indefinición do PSOE rematou e a grande coalición destapouse, quitándose a careta. Estamos perante o desenmascarameto da grande coalición».

Fernández puxo de manifesto que En Marea sempre estivo en contra dos recortes do PP e «votaremos en coherencia en contra da investidura de Rajoy. Faremos un exercicio de demostración de integridade e de coherencia, e deixaremos claro que existe alternativa política aos recortes e ás denominadas políticas de austeridade». Alexandra Fernández subliñou que En Marea e o resto das forzas do cambio serán a oposición política a este Goberno, lembrando que «en Galicia xa somos a alternativa ao réxime».

A deputada de En Marea destacou que a abstención do PSOE en segunda volta a Rajoy «non é un mero apoio puntual», sinalando que a grande coalición ven de lonxe, «comezou no 2011 co pacto da reforma do artigo 135 da Constitución. A grande coalición ven, por tanto, de atrás porque a realidade demostrou que o PSOE leva tempo apostando por esa vía».

Para a portavoz de En Marea «estamos asistindo ao repliegue do réxime ordenado por Bruxelas», e recalcou que En Marea, en contraposición, «significaráse na loita pola democracia«, aclarando que a disxuntiva é «o réxime do 78 coa súa continuidade no réxime do 2011, cando PP e PSOE pactaron a reforma do artigo 135, ou máis democracia e unha alternativa ao austericidio que é a vía de En Marea». Engadiu que «o réxime do 78 está a mudar en réxime de 2011».

Advertiu dos intentos de «pechar en falso a demanda dun proceso constituínte» e recalcou a necesidade de abrir o proceso constituínte «demandado pola maioría e que En Marea partilla». Para Alexandra Fernández «é importante escoitar a vontade da cidadanía» e «fronte a ese réxime está o vector democrático no que se sitúa En Marea». Sinalou que puidemos ver que «estamos ante o golpe do réxime através dos partidos políticos con decisións que se adoptan á marxe das bases sociais».

No turno de preguntas dos xornalistas sobre o estado de ánimo do Xefe do Estado, Alexandra Fernández afirmou que «se lle nota máis relaxado porque obviamente o contexto é diferente e está todo pechado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.