Cultura

As bibliotecas públicas galegas celebran o seu día con obradoiros, mostras, contacontos e libros para levar

231016-celebracion-dia-da-biblioteca-2015-bpvigoO 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca e as bibliotecas públicas galegas  desenvolverán ao longo de toda a semana unha extensa programación dirixida a achegarlle os seus servizos á cidadanía.

Actuacións, obradoiros, xornadas de portas abertas, contacontos, visitas guiadas, liberación de libros e mostras bibliográficas son algunhas das propostas que terán lugar ao longo da vindeira semana na Biblioteca de Galicia, nas bibliotecas públicas de Lugo e de Ourense, na da Coruña Miguel González Garcés, na de Vigo Juan Compañel, na de Pontevedra Antonio Odriozola e na de Santiago de Compostela Ánxel Casal. Esta última mesmo recoñecerá os mellores lectores adultos e infantís coa entrega do premio “Superlectores”, consistente en lotes de libros para os usuarios con maior número de préstamo.

Unha mostra bibliográfica curiosa é a que programa, durante toda a vindeira semana, con motivo do Día da Biblioteca, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Baixo o título “Bibliotecas arredor do mundo” selecciona, para público xeral, un conxunto de títulos sobre as bibliotecas máis curiosas e importantes do planeta. A programación da semana rematará o día 27 cunha sesión de contacontos e cancións para os máis cativos (menores de 3 anos) a cargo de Soledad Felloza.

Para facilitar o acceso permanente a toda a programación das bibliotecas públicas e dos centros de programación cultural dependentes da Consellería de Cultura e Educación, a Xunta de Galicia conta coa app Axenda Cultura, dispoñible gratuitamente en Google Play e App Store desde www.xunta.gal/aplicacions-mobiles.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.