RGPD - Cookies
Cultura Galicia

@depo_es destina 60.000 euros para tecer lazos entre xeneracións

 

tecendo-lazos

A Deputación de Pontevedra aprobou un importe de 60.000 euros para a contratación da organización, desenvolvemento e execución da primeira edición do programa ‘Tecendo lazos’.

O programa, impulsado polo servizo de cohesión social e xuventude, ten como obxectivo desenvolver obradoiros entre xeracións no ámbito do lecer e do tempo libre, encamiñados a construír sociedades máis xustas, integradas e solidarias partindo do impulso dos lazos afectivos.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que a través deste programa «promóvese o envellecemento activo das persoas maiores, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social e mellorar as habilidades sociais, empatía e tolerancia cara o diferente das mozas e mozos da provincia».

‘Tecendo lazos’ terá vixencia ata o 15 de xaneiro de 2017 e será ofertado a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes en forma dos obradoiros ‘Risos en familia’, ‘Coas mans nos pucheiros’, ‘Álbum familiar’, ‘Brincadeiras de sempre’ e ‘O noso son’. Nestas actividades terán preferencia as persoas que se anoten en familia e pertenzan a diferentes xeracións.

También te puede interesar