Comarcas

Centos de persoas celebran en Arbo a Festa da Colleita

festa-colleita-01

Recolleita e festa. A parroquia de Sela, en Arbo, celebrou esta semana unha nova edición da Festa da Colleita. Organizada pola Asociación Cultural Virxe do Arme, é unha celebración que naceu nos anos 70 para ofrecer a Santa Isabel e San Martiño os productos recolectados durante a colleita, como viño ou millo.

Son xa máis de 30 anos celebrando unha festa na que participan centos de veciños e veciños de Arbo e de concellos limítrofes. A festa comezou cunha misa solemne na honra de Santa Isabel e San Martiño para pasar a unha sesión vermú con pulpo.

festa-colleita-02

Xa pola tarde, foi a quenda das actividades máis chamativas da festa, como o desfile de tractores especialmente ataviados para a ocasión ou o concurso de postres caseiros, que chegou á súa cuarta edición cada vez con máis participantes.

Sela, como terra de augardenteiros por excelencia, durante toda a xornada ofreceuselle aos visitantes augardente gratis que nunha paioza sita no lado do torreiro se vai facendo según demanda dos visitantes. Para fin de festa, chocolatada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.