RGPD - Cookies
Deportes

@depo_es patrocinará con 35.000 euros ao @CDAmfiv

deputacion-amfiv

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do club de baloncesto Amfiv, José Antonio Beiro Rodríguez, asinaron este martes un convenio de patrocinio entre ambas as dúas entidades por valor de 35.000 euros, importe co que a institución provincial e o club deportivo buscan fomentar a cooperación e colaboración no desenvolvemento dos proxectos deportivos que incrementan a formación deportiva, cultural e social dos e das escolares da provincia, potenciar o tecido asociativo deportivo da provincia e, ademais, a extensión cultural e a promoción e recoñecemento dos valores do deporte en equipo.

Trala sinatura deste convenio, o logotipo da Deputación aparecerá en diferentes equipamentos e espazos, como na camiseta de competición do primeiro equipo, militante na División de Honra de Baloncesto en cadeira de rodas; no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas; no chándal oficial do club; na camiseta de adestramento; na páxina web do club; na carteleira das competicións que organice; na súa furgoneta e na súa papelaría e merchandising.

Pola súa banda, o Amfiv facilitará o acceso aos e ás escolares da provincia aos partidos que se celebren na cidade de Vigo.

O C.D. Amfiv leva máis de 30 anos fomentando a eliminación de barreiras e a integración social plena das persoas discapacitadas a través do deporte.

También te puede interesar