Cultura

Sabor galego no palmarés da XIII edición de Cortocircuito Festival Internacional de Cine

cineCurtocircuíto Festival Internacional de Cine anunciou hoxe os seus premiados nun acto de clausura onde tamén se recoñeceu o traballo do galego Chema Prado á fronte da Filmoteca Española. Prado, quen desenvolveu o cargo durante 27 años, foi homenaxeado en recoñecemento polo seu traballo a prol da conservación e recuperación do patrimonio audiovisual.

Durante o acto tamén foron premiados os traballos dalgúns dos cineastas galegos máis vangardistas. A peza Rueda cabeza de Borja Santomé foi a gañadora na categoría Planeta GZ, na que Where is the jungle? de Iván Castiñeiras obtivo unha mención. A curtametraxe de Castiñeiras resultou galardoada tamén co premio outorgado pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia CREA. O premio AGAG recaeu en Decorado, do coruñés Alberto Vázquez e a mención foi para Tout le mond aime le bord de la mer d Keina Espiñeira. A lista de galegos gañadores complétase con Alberte Pagán que obtivo unha mención do xurado da asociación de críticos Camira polo seu traballo A fundamental error.

A sección oficial divídese en dúas categorías, unha para filmes experimentais (Explora) e outra para trabalos máis narrativos (Radar). O galardón da primeira categoría foi para James N. Kunitz por B-roll with Andre e unha mención para Gerhard Treml e Leo Calice por Eden’s edge. Esta última recibiu tamén o premio outorgado pola asociación CAMIRA. O premio Radar foi para Mark Rappaport por Boy who cried e a mención nesta categoría recaeu en Notre heritage, dirixida por Jonathan Vinel coa colaboración de Caroline Poggi, película que tamén recibiu unha mención do Xurado Novo.

Esta edición de Curtocircuíto presentou unha nova categoría, Penínsulas, na que participaban curtametraxes feitas en España. O premio, de 1000 euros en aluguer de material, patrocinado por RC Service, foi para La disco resplandece de Chema García Ibarra. Este galardón tamén califica automáticamente a película para ser seleccionada na categoría de curtametraxes dos Premios Goya.

Outros traballos premiados foron Vintage Print de Siegfried A. Fruhauf (premio do Xurado Novo) e Moroshka de Polina Minchenok (premio Criaturas). A clausura, puxo punto e final a unha das edicións máis exitosas na historia do certame.

También te puede interesar