Ciencia y Tecnología Destacados

Preto de 250.000 persoas visitaron este verán o Monumento Natural Praia das Catedrais, na provincia de Lugo

cut_nbewgaaq-p1247.770 persoas accederon entre os meses de xullo, agosto e setembro ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, deu a coñecer os datos do balance de visitantes á praia das Catedrais, que neste ano incrementáronse nun 25% respecto dos datos rexistrados no mesmo período de 2015.

O reparto por meses é o seguinte: 81.903 foron en xullo, 116.885 en agosto e 48.982 en setembro; o que tamén se traduce en que se completou o aforo nun total de 29 días, tres no mes de xullo e 26 no mes de agosto; fronte aos cinco días rexistrados en 2015. Na seguinte táboa indícanse os datos por meses comparándoos cos de 2015.

Analizando aos datos de visitantes segundo a procedencia obsérvase que a maioría veñen doutras Comunidades Autónomas, principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Asturias, Sevilla, León e Biscaia; tendo en conta a información que facilitan ao solicitar a súa autorización a través da páxina web. Tamén indicou que o número de visitantes estranxeiros incrementouse ata case os 8 puntos no computo global con respecto ao ano 2015, cando se rexistraron 7.184 fronte aos 18.356 deste ano, é dicir, duplicouse o número de visitantes estranxeiros.

O sistema de acceso previsto consiste simplemente na obtención dunha autorización gratuíta, que pode descargarse a través da aplicación web https://ascatedrais.xunta.es, e que ademais lle dá cumprida información do horario das mareas para cada día (recoméndase visitar o monumento desde dúas horas antes da marea baixa e ata dúas horas despois), como o número de autorizacións dispoñibles para cada día.

O sistema de regulación de acceso coa cota límite de 4.812 visitantes remata o 30 de setembro.

También te puede interesar