Comarcas

50 maiores de 14 concellos da provincia de Pontevedra disfrutan dende este domingo de #Depotermal

922x250_depotermalDende este domingo, día 9 de outubro ao venres 14, un total de 50 maiores gozarán dunha estancia completa no Talaso Atlántico de Oia. Proveñen dos concellos de Vigo, Nigrán, Pontevedra, Vilaboa, Catoira, Meis, Cerdedo, Ponte Caldelas, Valga e Gondomar. Ademais dos tratamentos termais no establecemento termal, aproveitarán a estancia en Oia para realizar visitas e saídas para coñecer o entorno natural e histórico da zona.

Durante este mes e no que queda de ano, máis de 4.000 maiores da provincia gozan do programa “Depotermal” a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fano con aloxamento nocturno e 1.431 fan só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Cómpre salientar que, por primeira vez este ano, reserváronse preto de 450  prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión, que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.

Na modalidade diúrna, os establecementos dispoñibles son Termas de Cuntis, Eurostars Isla da Toxa, Balneario de Mondariz, Talaso Atlántico de Oia, Hotel Nuevo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Notal Marina Spa no Grove, Spa Torre do Deza en Lalín e Spa Vía Argentum en Silleda. Na modalidade con aloxamento están o Balneario de Mondariz, Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, Termas de Cuntis, Talaso Atlántico en Oia, Talaso Hotel Louxo A Toxa, Spa Torre do Deza en Lalín e o Hotel Nuevo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).

También te puede interesar