Sucesos

Centos de traballadores de Popular e Pastor rexeitan en Compostela o despido de 3.000 empregados

19-10-08-ere-popular-pastor-009-grandeCentos de traballadoras e traballadores do Grupo Popular-Pastor chegados de toda Galicia concentráronse este sábado en Compostela -primeiro diante da oficina principal da entidade na Rúa de Santo Antonio e despois diante da ubicada na Senra- para posteriormente celebrar unha asemblea na Praza do Toural.

Con esta mobilización amosaron o seu total rexeitamento a un ERE que afectará a 2.894 empregados en todo o Estado, dos que 435 serán en Galicia.

A CIG considera que se trata dunha redución “brutal” de postos de traballo, tal e como explicou a representante sindical Rosa Conde, quen afirmou que é “desproporcionado porque vai incidir na calidade do servizo e  afectar sobre todo ás oficinas do rural”.

A este respecto Conde sinalou que na primeira reunión formal do ERE, celebrada este xoves, o Grupo só informou dos criterios a aplicar para proceder a este despedimento colectivo, pero “non informou da relación total de oficinas que se pechan”.

Ademais denunciou que os cadros de persoal en Galicia xa están bastante axustados logo de que saíran prexubiladas 400 persoas cando se produciu a fusión e outras 400 marcharan a Madrid ou abandonaran a empresa cando se desmantelaron os servizos centrais.Se a isto lle engadimos o que se vai reducir agora co ERE, o tema é sangrante”, afirmou Conde, quen asegurou que Galicia será así a máis afectada, por enriba da media do Estado.

En todo caso, a representante da CIG responsabilizou da situación aos propios xestores do Grupo pola política de negocios emprendida, que provocou que o banco teña un enorme stock de inmobles e de chan que agora queren pagar con postos de traballo.

A entidade pretende que nunha primeira fase haxa unha adscrición voluntaria de empregados ao ERE, pola vía de prexubilacións “agás nos casos nos que considere que por razóns organizativas ou técnicas necesita a esas persoas”, sinala Conde.

19-10-08-ere-popular-pastor-002-grandeSe nesta primeira fase non se chegara ao total previsto -1.800 traballadores-, a empresa poría en marcha unha segunda fase “non voluntaria”, aplicando o criterio de despedir ás traballadoras e traballadores das oficinas que teñen previsto pechar ou daquelas que se fusionen;  empregos e empregadas de oficinas nas que haxa unha redución de persoal, atendendo a un criterio empresarial de “eficiencia” e traballadores de departamentos de estrutura de apoio á rede.

Tamén estarían afectados os empregados e empregadas das oficinas do rural, para as que o Grupo pretende que compartan persoal e que pasen a abrir só certos días da semana, e os poucos traballadores e traballadoras que quedan de servizos centrais.

También te puede interesar