Galicia

Máis de 8.500 familias galegas cobraron xa as axudas da ‘Tarxeta Benvida’ e 1.142 agarda por elas

cativo8.563 familias galegas cobraron xa os 100 € da axuda mensual da ‘Tarxeta Benvida’ que fixa esa cantidade para os cativos nados en Galicia dende o pasado 1 de xaneiro. Ademais, segundo adiantou este xoves o presidente do Goberno galego en funcións,  hai outras 1.142 agardando, xa que as resolucións favorábeis foron 9.705 de preto de 10.500 solicitadas á administración galega.

Esta axuda, que o presidente Feijóo xa anunciou que seguirá vixente ata 2020, se paga por medio desta ‘tarxeta moedeiro’ co cal pódense pagar produto necesarios para os nenos, coma de alimentación, de limpeza ou farmacéuticos, coma xaropes ou vitaminas.

A tarxeta cárgase de xeito automático cada mes e a parte que non se gasta súmase aos 100 € do mes seguinte e, en calquera caso, o total de 1.200 € teñen que gastarse antes de que remate o ano.

También te puede interesar