Destacados Vigo al minuto

Teis recolle máis de 1.100 sinaturas para demandar un autobús desde Teis ao hospital Álvaro Cunqueiro

vitrasa1

A Asociación Veciñal de Teis xa leva recollidas ata o de agora máis de 1.100 sinaturas para reivindicar ao Concello un autobús directo desde Teis ata o hospital Alvaro Cunqueiro.

A asociación veciñal iniciou esta campaña fai só dez días e continuará durante as vindeiras semanas, ademais de solicitar por escrito unha nova xuntanza urxente coa concelleira de Transporte e de convocar unha nova manifestación o martes 11 de outubro ás 19.00 horas desde o mercado de Teis.

Desde a apertura do Álvaro Cunqueiro hai xa un ano “son continuas as queixas da veciñanza” que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis, xa que os usuarios teñen que desprazarse ata a avenida de García Barbón, na Casa de Artes e Oficios, para coller o H1 ou ata os Choróns para coller o H2. Ademais, a liña H1, non funciona nin sábados nin domingos e festivos.

Desde a Asociación defenden que “debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis” e que se debe “esixir á empresa concesionaria Vitrasa que mellores este servizo debidamente”.

También te puede interesar