Deportes Destacados

Este domingo, en bici e en familia polos montes de Vigo

marcha-ciclista-montes A Mancomunidade de Montes de Vigo e a asociación de usuarios da bicicleta A Golpe de Pedal organizan este domingo 2 de outubro a primeira marcha ciclista popular polos montes de Vigo.

O obxectivo é achegar aos cidadáns de Vigo ao seu monte e darlles a coñecer todo o potencial de saúde, entretemento e paseo que teñen as 13 comunidades de montes e facelo «a través dun medio que diversifica a mobilidade de forma sustentable como é a bicicleta».

A marcha sairá ás 11.00 horas do aparcamento da área forestal do Vixiador, en Candeán, e percorrerá Cabral, Vixiador, Carballa, Teis e A Madroa para volver ao Vixiador. En total serán 12 quilómetros con tres paradas intermedias, principalmente por camiño asfaltado, salvo nunha zona do Vixiador que vai por pista forestal, e farase a ritmo suave para que poidan participar nenos e adultos.

Trátase dun evento popular dirixido a toda a familia, sen interese deportivo ou de competición enmarcada nas políticas activas de promoción do monte e da mobilidade en bicicleta promovida por A Golpe de Pedal, como a recollida de bicis para a súa redistribución entre as familias necesitadas, o impulso de mocións a favor doutra mobilidade ou a «Pedaliña» que se celebra cada ano en plena cidade.

A actividade require unha inscrición previa na área de Uso Social do Monte ou en A Golpe de Pedal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.