Cultura

300 persoas participaron na andaina da @depo_es por Silleda

 

depoandaina-silleda

A terceira das ‘Depo Andainas’ da Deputación de Pontevedra levou ata Silleda a preto de 300 persoas que percorreron os 8 quilómetros que separan a Fervenza de Pazos do Mosteiro de Carboeiro en pouco máis de dúas horas. A alta demanda da andaina, que está convertendo a esta edición do programa na primeira que completa as prazas ofertadas, obrigou a dobrar a flota de autobuses.

depoandaina-silleda2O grupo participante na andaina polo concello de Silleda, integrado por nenas e nenos de 7 anos ata persoas de 83 anos, comezou o percorrido dende o miradoiro para divisar a fervenza do río Toxa sobre as 10.00 h e chegaron ó Mosteiro de Carboeiro ás 12.10 h. Dado que o grupo estaba interesado en coñecer o contorno do mosteiro, organizáronse dúas alternativas que levaron ós participantes a percorrer a ruta botánica así como a ruta do demo. Ó rematar, realizaron unha visita guiada a Carboeiro coñecendo a historia da cripta e as tres torres do mosteiro.

O éxito da convocatoria amosa o crecente interese suscitado polo renovado programa ‘Depo Andainas’, unha actividade gratuíta que impulse hábitos saudables, promova o territorio e impulse a preservación do medio ambiente da provincia de Pontevedra. Entre as principais novidades encóntranse desde a propia celebración das rutas, escapando dos días máis calorosos do verán, ata engadir dous autobuses para trasladar aos participantes, incluír as Illas Atlánticas no programa e impulsar a participación dos concellos.

Tamén son novidades as charlas e actividades medioambientais que se realizan durante os percorridos e a apertura da participación a aquelas persoas que non empreguen o autobús para desprazarse ata os lugares das andainas. Amais, por vez primeira o programa conta coa participación activa dos concellos, que se encargaron de promover as rutas, a diferenza do que aconteceu nas edicións anteriores.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.