Galicia

2.701.837 galegos, deles 446.235 residentes no estranxeiro, poderán votar este domingo nas Eleccións ao Parlamento de Galicia

eleccionsExactamente 2.701.837 galegos poderán elixir este domingo, día 25 de setembro, aos 75 membros do Parlamento de Galicia. Deles, 78.172 votan por primeira vez posto que cumpriron 18 anos dende as anteriores eleccións que foron en outono de 2012.

Por provincias, A Coruña é a que ten máis electores, en total 1.087.219, seguida de Pontevedra, con 901.995, Ourense, con 364.380, e Lugo, 348.243. Algo menos de medio millón de galegos, 446.235 residentes no estranxeiro poden votar nestas eleccións, deles 154.272 proceden da provincia de A Coruña, 129.766 de Pontevedra, 98.932 de Ourense e 64.265 de Lugo.

A maioría viven en Arxentina, un total de 156.887, Brasil, 41.266, Venezuela, 38.788, Cuba, 37.373, Uruguai, 36.037, Suíza 32.869, Francia, 16.534, Estados Unidos, 16.527, Alemaña, 14.111, Reino Unido, 11.922 e México, 11.244, aos que hai que sumar os 32.677 residentes noutros 81 países máis.

Os votantes terán, en toda Galicia, 3.977 mesas distribuídas polos 2.463 colexios electorais, ademáis, habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.716 representantes da administración, que por primeira vez nas eleccións galegas contarán cada un cunha tableta para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.

Todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web http://resultados2016.xunta.gal, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos e datos de participación segundo se vaian recibindo. A web será accesible desde dispositivos móbiles como smartphones ou tabletas.

También te puede interesar