RGPD - Cookies
Galicia

O sector das ambulancias, á folga pola paralización nas negociacións do convenio

ambulancia31
Imaxe de arquivo

A CIG convoca unha folga no sector das ambulancias para este venres 23 de setembro pola paralización do convenio colectivo e «pola negativa da patronal a sentarse a negociar».

Unha das reivindicacións principais desta mobilización será a «profesionalización e dignificación» dos traballadores do sector, xa que dende o sindicato denuncian que hai un lote de empregados que traballa «cun contrato precario de prácticas» e cun salario rebaixado nun 40%.

 

Para a CIG esa profesionalización pasa por un salario digno «que impida que os traballadores e traballadoras teñan que facer horas extra para poder levar un diñeiro suficiente a fin de mes». Por este motivo, ademais dunha suba salarial, nesta folga reivindicarase a terceira paga extra que desapareceu no convenio anterior. Entre as reivindicacións tamén aparece mellorar a situación de prevención de riscos laborais .

También te puede interesar