Cultura Galicia

@depo_es reunirase con Fomento para desbloquear o protocolo dos 18 castros de Pontevedra

carmela-silva

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou este mércores que agarda que o vindeiro luns, nunha reunión en Madrid entre técnicos da Deputación e do Ministerio, se poida pechar a actual situación de bloqueo por parte de Fomento con respecto ás súas obrigas no protocolo para a posta en valor dos 18 castros da provincia.

O obxectivo da Deputación é seguir cos traballos previstos e co calendario establecido para os 18 xacementos nos que hai que actuar, “que Fomento inicie xa as súas obrigas con respecto ao protocolo asinado” e que actúe de inmediato e cumpra coas súas responsabilidades recollidas no protocolo.

O documento recolle a realización de tarefas de escavación en seis dos castros e labores de limpeza noutros doce por parte da Deputación, mentres que Fomento se encarga, unha vez rematados os traballos da institución provincial, da musealización, consolidación, restauración, accesibilidade e sinalización.

Na reunión de Madrid tamén plantexarase a Fomento a sinatura dun convenio para que a posta en valor dos xacementos “sexa xa unha obriga total e absoluta por parte das dúas administracións”.

También te puede interesar