Galicia

Convocan novos paros e unha folga para reclamar uns convenios xustos nos centros de chamadas

folgacentroschamadasA CIG vén de anunciar unha nova convocatoria de paros e dunha xornada de folga no sector dos centros de chamadas ante a situación de bloqueo na negociación do convenio estatal. Tratase da primeira ocasión na que as protestas, que se desenvolverán os días 22 e 29 de setembro e o 6 de outubro, non se convocan unicamente a nivel galego.

Os paros serán de dúas horas en cada quenda os días 22 e 29 de setembro, mentres que a xornada de folga está fixada para o xoves 6 de outubro. “En Galicia os traballadores levan con mobilizacións dende o mes de decembro de 2015, pero malia que a negociación do convenio estatal permanece aberta dende hai 22 meses será a primeira vez que os sindicatos españois convoquen tamén paros e folga fronte á prepotencia patronal”, sosteñen.

Deste xeito, os paros dos días 22 e 29 de setembro serán das 00.00 ás 02.00 horas na quenda de noite; das 10.30 ás 12.30 horas na de maña; e das 16.30 ás 18.30 horas na quenda de tarde. Para o 6 de outubro está convocada unha xornada de folga de 24 horas de duración.

También te puede interesar