RGPD - Cookies
Galicia

Rescatan a un percebeiro en Laxe

helimer2-608x3931

Un percebeiro foi rescatado esta tarde no concello coruñés de Laxe despois de caer ao mar nunha zona de rochas entre Punta Mundiña e Punta Padrón. A vítima levou un forte golpe na cabeza e aínda que permaneceu consciente en todo momento tivo que ser rescatado polo helicóptero Helimer 209.

Un compañeiro que traballaba con el foi o que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 14:00 horas de este martes e indicou que os feitos tiveran lugar nun punto de moi difícil acceso. Dende o lugar, os bombeiros indicaron que era imposible o rescate por terra, polo que tivo que intervir o helicóptero.

Ata a zona tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O equipo sanitario desa aeronave prestoulle asistencia sanitaria ao home, antes de ser evacuado e trasladado nunha ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

También te puede interesar