Destacados Vigo al minuto

O Hospital Meixoeiro estrea área cirúrxica renovada

meixoeiro-sala

O Hospital Meixoeiro iniciou onte a actividade nas instalacións renovadas da súa área cirúrxica, unha vez rematadas as obras levadas a cabo no período estival.

O obxecto destas obras era dotar a esta zoa de mellores e máis amplas instalacións e progresar nas condicións de confortabilidade dos usuarios e as de traballo dos profesionais, que agora dispoñen duns circuítos máis axeitados.

Así, dotouse dun novo espazo de recepción e vestiarios destinadas aos pacientes de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria), e acometeuse unha nova sala de cirurxía local, o que permitirá incrementar aínda máis a capacidade cirúrxica do hospital e atender así a un maior número de pacientes.

Leváronse a cabo tamén outras melloras nos quirófanos, con actuacións na comunicación dentro do bloque cirúrxico, a instalación dunha nova mesa de quirófano, de lámpadas cirúrxicas e de monitores adicionais. Ademais, instalouse un quirófano integrado.

Maior centro de cirurxía ambulatoria

Segundo o Sergas, o Meixoeiro é xa o maior centro especializado de Galicia en cirurxía ambulatoria e de curta estadía, sendo por tanto un centro esencial para acurtar a lista de espera en Vigo.

Na actualidade, o seu bloque cirúrxico dispón de 12 quirófanos e dous salas de cirurxía menor. Nestas instalacións realízanse tres tipos de modalidades cirúrxicas: cirurxía con ingreso e curta estadía; CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria) ou procedementos que requiren técnicas anestésicas aínda que o paciente vaise de alta no mesmo día; e cirurxía local (sen anestesia).

A día de hoxe, neste hospital execútase dous tercios de toda a actividade cirúrxica do Chuvi. Os primeiros sete meses do ano realizáronse un total de 12.896 intervencións cirúrxicas, fronte as 6.975 do mesmo período do ano anterior, é dicir, un 85 por cento máis; con este ritmo de actividade, o número total de intervencións superará as 22.000 anuais.

 

También te puede interesar