Cultura Galicia

Descubren un esqueleto de bebé no xacemento arqueolóxico da Lanzada

lanzada-excavacion-bebe-01Un día despois do levantamento do esqueleto de Cornelia, os osos dunha muller nova, xurde un novo achado no xacemento arqueolóxico da Lanzada. O equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra e a antropóloga física Olalla López, da Universidade de Santiago de Compostela, atoparon este martes o corpo dun bebé a aproximadamente 5 ou 6 metros de onde se atopaban os restos de Cornelia.

Segundo indica Olalla López, que xa participara no estudo dos esqueletos que xurdiron nas escavacións da Lanzada nas décadas dos 60 e 70, trátase da primeira vez que aparecen ósos dun bebé na Lanzada.

lanzada-excavacion-bebe-02Trátase dun neonato moi deteriorado que se atopaba encollido nunha zona de area situada 5 ou 6 metros de Cornelia pero que non ten que implicar relación co da muller nova atopada este luns, pero si é unha novidade desde o punto de vista antropolóxico xa que se pensa que naquela época non se enterraban os menores dun ano.

Os primeiros indicios apuntan a que se trata dun esqueleto de igual época que Cornelia, é dicir, do século I despois de Cristo. O equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra e a doutora López atópanse extraendo os ósos do pequeno e non descartan que aparezan novos esqueletos similares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.