Comarcas

O Concello de Arbo convoca 10 becas para estudantes universitarios

arboO Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, convoca 10 axudas de estudos de 500€ cada unha que poderán solicitar aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no  presente curso 2.016/2.017.

As candidatas e candidatos deben de cumprir os seguintes requisitos: estar empadroada ou empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca; non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca– a estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro-; estar matriculada ou matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial; no caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional e, por último, non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde – Presidente do Concello de Arbo, do 1 ao 30 de Outubro, acompañada da documentación establecida nas  Bases da convocatoria, que está a dispor dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina  Web do Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.