Destacados Vigo al día

680.000 euros para a reforma do campo de fútbol do Carballal

campo-futbol-carballal

Co obxectivo de que “todos os nenos e nenas de Vigo” practiquen fútbol en campos de herba, o Concello de Vigo acometerá a reforma do campo do Carballal-A Bandeira, tras a aprobación en Xunta de Goberno Local do proxecto básico e de execución das obras por un importe de licitación de 680.000 euros.

Nunha primeira fase vaise instalar herba artificial e acondicionarase un talude amais de pechar a parcela e, máis adiante, acometerase a reforma dos vestiarios e será construída a bancada.

Por outro lado, o concello de Vigo tamén ten pendente de executar unha partida para a instalación de herba no campo de fútbol do Colexio Hogar, para o que falta a autorización da Fundación Abanca que “confía” en ter pronto.

Ademais, a Xunta de Goberno local aprobou tamén a contratación dos servizos de mantemento e soporte de aplicacións informáticas do Concello por un importe de 139.000 euros e a adxudicación da contratación dos servizos de mantemento e reparación das instalacións de contedores soterrados municipais, por valor de 70.062 euros.

También te puede interesar