Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Vigo tras sufrir un accidente múltiple no que se viron implicados tres vehículos.
O sinistro produciuse na Costa de Castrelos minutos antes das 10.00 horas e ata a zona desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Bombeiros de Vigo, Protección Civil e Policía Local. As persoas feridas foron trasladadas en ambulancia a centros sanitarios.
Unha muller ferida en Silleda ao cortarse cunha rozadora
Unha muller resultou ferida esta mañá en Silleda, mentres cortaba a herba cunha máquina rozadora. A vítima sufriu un corte nunha perna cando traballaba nunha leira do lugar de Vilar contra as 11:30 horas de hoxe.
Os efectivos sanitarios evacuaron á muller nunha ambulancia ata un centro sanitario. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, nun primeiro momento decidiuse enviar a Silleda o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero as condicións meteorolóxicas adversas obrigaron a anular a intervención da aeronave.