Comarcas

300 personas participarán na andaina da @depo_es por Cíes e o sendeiro azul de Nigrán

islas-cies-foto-web-museo-do-mar

Un total de 300 persoas participarán este domingo na segunda ‘Depoandaina’ organizada dende a Deputación de Pontevedra e que nesta ocasión ten como protagonista o sendeiro azul de Nigrán.

Nesta actividade gratuíta, na que colabora o Concello de Nigrán, os participantes visitarán pola mañá as illas Cíes e xa pola tarde percorrerán a ruta que une a praia de Panxón e A Ramallosa. O gran interese amosado por coñecer o sendeiro azul é máis que evidente, xa que o 100% das 300 prazas ofertadas se esgotaron a mediados de agosto.

Os sendeiros azuis son rutas que unen praias ou portos con bandeira azul con elementos naturais da súa contorna, contribuíndo así á posta en valor do patrimonio mediambiental, histórico, cultural e etnográficos da provincia.

O de Nigrán, que acadou este título en 2013, localízase nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. No seu eixe central desemboca o río Muíños, dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.