Comarcas Deportes

A carreira máis solidaria chega a Chapela

carrea chapelaXa está aberto o prazo de inscrición para participar o próximo 16 de outubro en Chapela na Carreira Solidaria Santander, organizada en colaboración coa Cruz Vermella e co Concello de Redondela.

Haberá unha carreira senior para maiores de 16 anos de 5 quilómetros, con saída e chegada na alameda de Chapela a partir das 11.00 horas, para a partir das 12.00 horas dar paso aos máis pequenos, divididos en tres categorías, de 4 a 7 anos (200 metros), de 8 a 11 anos (400 m) e de 12 a 15 anos (750 m).

Todas as carreiras serán populares, polo tanto as marcas non contarán para ranking de corredores ainda sendo federados. O desenvolvemento da carreira farase coa colaboración da Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo. Dos 8 euros por incrición de adultos, 4 euros irán destinados á Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo e o euro de inscrición das categorías infantís destinarase integramente á mesma.

Existirá a posibilidade de que calquera persoa colabore coa Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo enviando un SMS coa palabra “CHAPELA” ao 28092. O custe da mensaxe (1,2 euros) destinarase íntegramente a Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo.

Cruz Vermella estará presente na carreira popular cunha carpa na que realizarán diferentes actividades para todos os públicos.

También te puede interesar