Galicia

120 persoas beneficiaranse no novo programa de emprego da @depo_es

depoemprega_listado

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para a contratación do servizo de formación e mentorización de mozos e mozas emprendedoras no marco de ‘DepoEmprende’, que a institución provincial realizará en colaboración coas cámaras de comercio da provincia.

Deste xeito, o Goberno provincial aprobou o expediente de contratación por un importe de licitación de case 145.000 euros e inicia o procedemento de adxudicación durante 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

‘DepoEmprende’ está dotado con 260.000 euros e ten como finalidade o impulso do emprendemento e a cultura emprendedora xuvenís na provincia. Esta actuación, enmarcada no programa de itinerarios de emprendemento xuvenil da Fundación INCYDE e financiada polo Fondo Social Europeo, está destinada a 120 mozas e mozos da provincia de Pontevedra, menores de 30 anos, rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen ocupación e sen estar integrados nos sistemas de educación ou formación.

Os mozos e mozas que participen deseñarán un plan e un proxecto personalizados para cada participante, nos que se terán en conta variables coma a motivación para traballar, condicionantes persoais, profesionalidade e habilidades sociais. A institución provincial tamén se encargará de asesorar a cada participante nas etapas iniciais dos proxectos, de dirixir e supervisalos, de promover a cultura emprendedora e de impulsar a formación para o emprendemento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.