RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

Redondela triplica a súa colaboración coa Asociación Española contra o Cancro

redondela convenio cancro

O Concello de Redondela acaba de firmar coa Asociación Española contra o Cancro o convenio anual polo que se lle adxudica, nesta ocasión, unha axuda de 3.000 euros, o triple do que hasta agora estaba a recibir por parte da Concellería de Servicios Sociais.

Esta asociación realiza unha importante labor realizando actividades de axuda aos enfermos e familias de enfermos de cancro, como proporcionar apoio emocional e social aos enfermos e facilitar a súa integración, potencian a creación de grupos de voluntarios que participen en procesos de intervencón social…

O Goberno municipal leva catro anos apostando polo traballo desta asociación xa que está a dar apoio e loitando contra unha enfermidade moi presente na sociedade e que están a sufrir moitas familias da nosa vila.

También te puede interesar