RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela convoca axudas para as súas festas populares e gastronómicas

redondela fiesta

O Concello de Redondela publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria para a concesión de subvencións ás comisións de festas populares, tradicionais e gastronómicas para este ano 2016.

O Concello destinará 15.000 euros a estas subvencións, que consistirán nunha achega directa que poderá financiar ata o 80% das actividades propostas. As festas dun día de duración poderán recibir 250 euros, as de dous días 450 euros e as de tres días 650 euros.

As actividades subvencionadas deben de iniciarse e ser rematadas dentro do exercicio 2016 e servirán para cubrir gastos relacionados directamente coa festa, gastos que deberán ser xustificados antes do 15 de decembro.

También te puede interesar