Deportes Galicia

Se queres participar nas andainas da @depo_es terás que darte présa

Andaina original 2

Gran éxito de acollida do programa da Deputación de Pontevedra ‘Depo Andainas’: xa están completas as prazas para a ruta ás Illas Cíes e Nigrán malia que os prazos de inscrición estarán abertos ata os meses de setembro e outubro para as tres das catro andainas que aínda non se celebraron.

segunda ruta do programa celebrarase o vindeiro 11 de setembro e ocupará, por primeira vez, unha xornada completa, xa que se visitarán as Illas Cíes pola mañá e, xa pola tarde, será a quenda do sendeiro azul de Nigrán (Panxón-Praia América).

A inscrición segue aberta ata o 8 de setembro, pero xa se chegou ao 100% das 300 prazas dispoñibles, habendo neste momento unha lista de espera de 68 persoas. Tamén se completaron as prazas de autocares.

A terceira quenda, a de Silleda (coa ruta Fervenza de Pazos-Mosteiro de Carboeiro), celebrarase o 25 de setembro e xa se interesaron 212 persoas, polo que quedan outras 88 prazas sen ocupar. Neste caso o prazo de inscrición segue aberto ata o 25 de setembro, pero as prazas de autocares si foron completadas.

A cuarta e última ruta é a dos Cons de San Vicente, no Grove, e terá lugar o 9 de outubro, estando aberto o prazo de inscrición ata o día 6 do mesmo mes. Ata o momento xa se ocuparon 167 das 300 prazas, polo que outras 133 seguen libres. No caso de Campo Lameiro, realizada o pasado 10 de xullo, a ocupación foi de 129 persoas.

 

También te puede interesar