RGPD - Cookies
Comarcas

Miles de persoas disfrutan do entroido ao calor do verán en Redondela

426211352_31876-01

Imaxes: Vigoalminuto/ Miles de persoas ateigan Redondela desde primeira hora da tarde deste sábado para disfrutar dunha das festas máis esperadas do ano, o tradicional Entroido de Verán, que este ano chega á súa décimo novena edición con moitos disfraces, música, diversión e troula para grandes e pequenos.

IMG_20160820_180952-01

Esta edición os pequenos e pequenas da casa serán uns dos grandes protagonistas, xa que coa maioría de idade cumprida o Entroido de Verán quere prestar máis atención ao público familiar e alonxarse da imaxe de festa ligada ao alcol.

IMG_20160820_180643-01

 

Dende as 17.00 horas, todo o centro da vila permanece pechado ao tráfico e aberto ao público, que desfrutará ata ben entrada a noite de actividades infantís, música na rúa e dj’s que amenizarán a velada ata a madrugada. Entre as actividades para os máis pequeno, disfraces, máscaras, pallasos, maquillaxe, globoflexia e mesmo baile.

IMG_20160820_180638-01

Calcúlase que máis de 25.000 persoas pasarán ao longo da tarde e da noite pola vila, polo que para garantir a seguridade de todas estas persoas acotouse con vallas a zona de concertos, con vixilantes de seguridade para controlar que non se meten no recinto obxectos perigosos.

IMG_20160820_181057

Cun orzamento de 65.000 euros, este ano o Entroido de Verán acollerá a sexta Gala de Drag Queens e terá como prato forte esta noite a actuación das K-Narias.

425410457_123364-01

También te puede interesar