Deportes

19 equipos na Copa Galicia de Balonmán Masculino

balonmano

A Copa Galicia de Balonmán Masculino 2016 comeza esta semana coa participación de 19 equipos da Liga Asobal, División de Honra Prata e Primeira Nacional. O Frigoríficos do Morrazo defende o título acadado o pasado ano en Viveiro.

A competición comezou este mércores coa disputa do choque Bm. Saeplast Cañiza-Bm. Luceros e rematará o vindeiro día 3 de setembro en Crecente.

Esta Copa Galicia vai facer de Crecente o centro do balonmán de primeiro  nivel autonómico, xa que estarán os mellores clubs galegos. A competición celebrarase en tres xornadas antes de chegar a fase final (semifinais e final), que terá lugar os días 2 e 3 de setembro e a final disputarase o sábado 3 de setembro (19:00 h) e será retransmitida pola TVG.

O BM Cangas Frigoríficos do Morrazo defende o título que logrou o pasado ano en Viveiro onde se proclamou campión da Copa Galicia 2015, tras gañar ao Teucro por 28-30 (ao descanso, 14-14).

También te puede interesar