RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

@depo_es achega 261.000 euros a Baiona na última partida para investimentos do Plan Concellos

carmela baiona 02

Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega económica de máis de 261.000 euros para o concello de Baiona, que se destinará á rede de saneamento en diferentes zonas do municipio.

Trátase dunha contía incluída na liña 1 do Plan Concellos 2016 que, con esta achega queda completado ao 100% neste municipio do Val Miñor, cuns investimentos totais de máis de 876.000 euros.

Esta partida vén sumarse a outras xa aprobadas para Baiona dentro da liña 1, por un importe total de 385.000 euros, para subministración de colectores e dun vehículo destinado á recollida de lixo e outras actuacións. Na liña 3, destinada a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais, achegáronse case 33.000 euros para a Festa da Arribada, así como outros 197.000 para a contratación de 26 traballadores e traballadoras municipais, ao abeiro da liña 4 dedicada á promoción de emprego.

También te puede interesar