'Qué te cuentas?'

A Casa de Galicia en Touluse e @depo_es colaborarán no eido turístico e da memoria histórica

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, coa presidenta da Casa de Galicia en Touluse, María López Muradás, na xuntanza que mantiveron na cidade francesa
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, coa presidenta da Casa de Galicia en Touluse, María López Muradás, na xuntanza que mantiveron na cidade francesa

A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo unha xuntanza de traballo coa presidenta da Casa de Galicia e vicepresidenta da española en Touluse, María López Muradás, na que mostrou a súa intención de iniciar un proceso de colaboración con esta entidade.

Carmela Silva mostrou a súa disposición a establecer unha relación habitual con esta organización  “ante o abandono que sofren os nosos emigrantes por parte da Xunta de Galicia”.

Silva tamén  anunciou a María López Muradás a posibilidade de aproveitar a presenza dos emigrantes nesta cidade francesa como plataforma para unha iniciativa turística da institución provincial.

Por outro lado, a presidenta da entidade provincial  tamén avanzou a posibilidade de realizar algún acto entorno  a “memoria histórica” para “agradecer a todos os homes e mulleres que loitaron por defender a legalidade  fai oitenta anos e aos promotores da España democrática na que hoxe vivimos”.

Silva e López Muradás acordaron manter unha canle de información e colaboración constante para seguir a dar forma as iniciativas faladas neste encontro.

También te puede interesar