Galicia

Luis Villares, único candidato ás primarias de En Marea á presidencia da Xunta

ramon villares

Luis Villares será o único candidato ás primarias de En Marea para ás eleccións a Xunta de Galicia o vindeiro 25 de setembro, candidatura que será ratificada a nas primarias da formación a vindeira semana.

O candidato, xunto coas persoas que configurán as listas de En Marea nas distintas provincias, sairá das votacións que terán lugar os vindeiros 16 e 17 de agosto. Por provincias, en Lugo presentáronse 3 listas, en Ourense outras 3, pola Coruña 5 e 7 pola provincia de Pontevedra.  O domingo remata o prazo para se inscribir a través da web www.mareaconstituinte.gal asinando o manifesto dos alcaldes e solicitando o voto.

O candidato ás primarias de En Marea para a presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares, agradeceu o apoio de todas as persoas que avalaron a súa candidatura e asegurou que será «o candidato de toda a confluencia, os que están xa e os que ainda non están integrados pero que se sumarán».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.